O grupo Fendiós nace da unión natural entre persoas aficionadas á música folk e á festa. Despois de coincidir tocando xuntos máis de 7 anos, en varios grupos, seráns e de furancho; no 2022 decidimos fundar o grupo Fendiós. Dende entón, non desaproveitamos ningunha ocasión para xuntarnos e tocar unhas peciñas!
O noso repertorio baséase principlamente en pezas moi populares, que calquera persoa pode recoñecer e disfrutar, ademais de animarse a cantala con nós! Somos un grupo moi aberto e desfrutamos cando outra xente da festa quere unirse a nós para tocar un par de peciñas.
Festa rachada para as vosas comidas e outras festas. Sentímonos moi a gusto rodeados de festa e xente que disfruta a música tradicional!
Actuación para entrada dos noivos, e nos pinchos de despois. Pódense preparar pezas específicas para a ocasión.
Gozamos de multitud de marchas e pezas para o acompañamento das imaxes. Somos xente nova, polo que non lle temos medo a procesións longas ou duras!
Actuación solemne e honrosa para a memoria do difunto. Adaptamos o noso repertorio para a ocasión, con marchas e himnos.
Actos solemnes e recepcions a autoridades e invitados.